Administración e asesoramento para comunidades de veciños - Pontevedra

Facémonos cargo da túa comunidade de veciños

Queremos facilitar a xestión da túa comunidade de veciños, por este motivo, poñemos a túa disposición toda a nosa experiencia, destacando nas seguintes tarefas:

  • Convocatoria de xuntas
  • Elaboración e xestión de documentación relacionada con convocatorias e delegación de votos.
  • Execución e seguimento das decisións e medidas aprobadas nas xuntas de propietarios.
  • Presenza nas xuntas de propietarios.
  • Redacción de actas das xuntas.
  • Apoio multimedia en cada reunión, se fose preciso.
  • Representación da comunidade ante autoridades xurídicas e administrativas.
  • Custodia de documentación e libros da comunidade.
  • Xestión de seguros.

Pon nas nosas mans as tarefas administrativas da comunidade de veciños á que pertences. Confía en Asesoría Xedem.

Asesoría Xedem

Vantaxas de contar con xestores especializados na xestión de comunidades

Contar con especialistas sempre é unha opción acertada. Confiar a xestión da comunidade de veciños da que formas parte ten moitos beneficios:

  • Conseguirás asesoramento personalizado
  • A comunidade aforrará costes
  • Contarás con profesionais que están ó día das últimas lexislacións
  • Estarás máis informado sobre subvencións e axudas para a comunidade

Non o dubides, concerta unha cita con Asesoría Xedem e deixa de preocuparte pola xestión da túa comunidade de veciños.