Medidas de seguridade para comunidades en Pontevedra

Traballamos para que se cumpran todas as medidas de seguridade no teu edificio

En Asesoría Xedem somos conscientes da importancia de que se cumpran con todas as medidas de seguridade e as normas en cada comunidade de veciños, por ese motivo, encargámonos de velar polo cumprimento de todas e cada unha delas.

Ocupámonos de que as revisións do ascensor, o gas, sistemas contra incendios... estean realizadas de forma correcta e ó día.

Para asegurarnos de que as empresas ó cargo das revisións cumpran coa súa obrigación, realizamos visitas periódicas na que comprobamos que todas as revisións foron feitas cando corresponde.

De non ser deste xeito, presentamos as pertinentes reclamacións ás empresas para que cumpran co acordado.

Asesoría Xedem

Confía en nós, encargámonos do cumprimento das revisións

Para que non teñas que preocuparte polas revisións que hai que levar a cabo na comunidade na que resides, en Asesoría Xedem facémolo por ti.

Concerta unha cita na nosa asesoría en Pontevedra e despreocúpate das revisións da túa comunidade.