Contabilidade - Asesoría Xedem

Procedementos contables para empresas e comunidades

En Asesoría Xedem sabemos que ás persoas lles interesa saber como se atopa o estado das contas e a situación económica da comunidade (movementos de contas, pagos, líquido…).

Por iso ás nosas comunidades realizámoslle as seguintes xestións contables:

  • Elaboración do presuposto anual, así como as contas e balances anuais.
  • Elaboración de documentos contables, balances de situación, estado de contas, estado de contas por cada comuneiro, etc.
  • Realización diaria da contabilidade, por partida dobre.
  • Cadros bancarios semanais.
  • Realización de auditorías contables internas.
  • Asistencia a auditorías externas.
  • Xestión de todo tipo de documentos a nome da comunidade, así como emisión de recibos e envío de recibos para o pago das cuotas.
  • Reclamación de impagos.
  • Cobro a morosos e debedores.
  • Xestión, cobro e pagos dos gastos da comunidade.
  • Elaboración de extractos resumen da xestión de cuotas pagadas e impagadas.
  • Solicitude e presentación de varios presupostos para a realización de obras ou reparacións necesarias para a conservación dos bens comúns.
  • Confección do reparto de cuotas de cada propietario.
  • Estudos para a reducción de gastos e aproveitamento dos recursos da comunidade.

¿Ten algunha dúbida? Contacte connosco.

Cubra o seguinte formulario para enviar as suas consultas a comunidades@asesoriaxedem.com

¿ + ?